Cada primeiro domingo de agosto celébrase na parroquia rianxeira do Araño a romaría da Virxe dos Milagros. Hai misas dende as 8 da mañá (desta vez cun cura xubilado porque o da parroquia estivo indisposto dende primeira hora) e ata a 1 do mediodía, cando se celebra unha misa con procesía incluída.
As misas son ao aire libre, nun descampado que hai pegado á igrexa e ao camposanto do Araño. Ao redor rosquilleiras, postos con xoguetes e sandías, velas e o típico bar da comisión de festas.
Pero a min, o que máis me segue a chamar a atención son os cartos que lle colocan á virxe no pelo, con billetes de ata 100 euros este ano, e que van gardando pouco a pouco ao longo das diferentes misas.