A matanza do porco

17 Xan

Subo aquí este documento para que se vexa como é unha matanza, non tan tradicional, pero si como se realiza hoxe en día nunha casa. As imaxes poden ferir a sensilidade, así que se non es maior de idade ou cres que che poden afectar, por favor, non entres.

Antes, o porco matábase co coitelo. Clavábase no corazón, para que se desangrase. Como esta era unha práctica cruel, lexislouse para que se faga dunha forma na que o porco sufra menos. Agora, o que se fai é empregar un mecanismo percutor que se dispara no medio da cabeza do porco. Deste xeito, queda totalmente aparvado. Despois, polo tema do sabor da carne, hai que desangrar o porco.

Matanza do porco

Unha vez que se mata, súbese a un banco onde se lle queima o pelo. Antes faciámolo con palla de trigo, pero agora empregamos o soplete, que é máis rápido.

A continuación, o que se fai é lavar o porco. Antes facíamolo cunha mangueira e un cepillo duro. Pero co tema das “novas tecnoloxías”, agora facémolo coa máquina de auga a presión.

O seguinte paso é sacarlle os pezuños ao porco.

A matanza do porco

Unha vez feito iso, toca comezar a abrir o porco. O que se fai é sacarlle todas as vísceras: tripas, fígado, pulmóns, riles…
A matanza do porco

Quedaría, como vedes, o porco aberto en canal.

A matanza do porco

Máis tarde, o que facemos é colgar o porco varias horas. Isto faise para que a carne enfríe. Iso permitirá despadazar moito mellor o porco.

A matanza do porco

A matanza do porco

Unha vez que o porco enfría, comezaría o despece: os raxos, os xamóns, o touciño, as patas, etc.

A matanza do porco

Advertisements

2 Respostas to “A matanza do porco”

  1. Domínguez 01/17/2011 ás 22:51 #

    Boa serie de fotografías, un gran documento dunha tradición galega xa extinta, ou case.

  2. mustek 01/23/2011 ás 00:14 #

    Moi bo!

    Saudos!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: