Estas fotos están no perfil no facebook da Asociación de Veciños do Araño, que tan boa labor está a facer na parroquia. Polo que se ve nas instantáneas, estamos a falar do ano 1988. Daquela anunciábase que estabamos ante a empanada máis grande do mundo (facíana os veciños cun forno eléctrico que crearon na panadería de Panmillo, e que despois levaron de festa en festa):


antigas? que mal me soa eso. Que eu xa tiña 17 anos e non son tan vello!!! Chamemoslle fotos dun pasado recente. A empanada era espectacular e montouse unha ben boa arredor de todo o asunto.
Creo lembrar que na época de Amancio como presidente das festas da Guadalupe levaran o forno á Praza de Castelao e fixeron a empanada durante toda unha noite (penso que a do venres previo ó inicio da festa). Debeu ser nos primeiros 90.