Estas fotos están no perfil no facebook da Asociación de Veciños do Araño, que tan boa labor está a facer na parroquia. Polo que se ve nas instantáneas, estamos a falar do ano 1988. Daquela anunciábase que estabamos ante a empanada máis grande do mundo (facíana os veciños cun forno eléctrico que crearon na panadería de Panmillo, e que despois levaron de festa en festa):
Fotos antigas: a Festa da Empanada de Rianxo
15 Xuñ- Comentarios 1 comentario
- Categorías antigas
- Autor Óscar
Unha resposta a “Fotos antigas: a Festa da Empanada de Rianxo”
Deixar unha resposta Cancelar a resposta
En fotosderianxo.com podes atopar a entrevista que lles fixemos a @oldmemories_tattoo e a @rodarianxo que abriron hai pouco as súas portas preto do Campo de Rianxo
Capela da Guadalupe
Un dos lugares coas mellores vistas de Rianxo. O miradoiro do Castro Barbudo, en Taragoña 😍
Son sinónimo de festa, de romaría, de tradición e de grandes cancións. Maruja e José forman Os Rosales, un grupo recoñecido en toda Galicia e que nunca parou de tocar nin de traballar a prol da nosa música.
Calquera estación do ano é boa para pasear xunto ao río Te. Se queres ver máis fotos, recomendamos o perfil de @isabeltubio que ten imaxes moi chulas desta senda e doutras paisaxes de Rianxo.
O padre Santiago Agrelo é un exemplo para moitos. O que foi durante anos arcebispo de Tánxer, converteuse na voz dos que non teñen voz, daqueles que morren no mar, que escapan da miseria, que fan miles de quilómetros atravesando África para fuxir da fame ou da explotación.
Visitas
- 1.012.750 persoas deixáronse caer por aquí
antigas? que mal me soa eso. Que eu xa tiña 17 anos e non son tan vello!!! Chamemoslle fotos dun pasado recente. A empanada era espectacular e montouse unha ben boa arredor de todo o asunto.
Creo lembrar que na época de Amancio como presidente das festas da Guadalupe levaran o forno á Praza de Castelao e fixeron a empanada durante toda unha noite (penso que a do venres previo ó inicio da festa). Debeu ser nos primeiros 90.