Vanessa Martínez, a voceira do PP en Rianxo, coméntanos as súas impresións sobre a situación política en Rianxo

11 Xuñ

Hoxe houbo cambio de goberno en Rianxo, recaendo o bastón da Alcaldía no BNG tras un acordo co PSOE. Dende este blog contactamos con Vanessa Martínez, voceira do PP en Rianxo (a lista máis votada nas eleccións), para que valorase os resultados das eleccións e tamén a nova situación política en Rianxo.

– Como valoras o resultado das eleccións en Rianxo? Sorprendeuvos o resultado do PP?
O pobo por fin, perdeu o medo. Despois de estar gobernando o mesmo partido durante toda a democracia e tantos anos o mesmo alcalde, estas eleccións marcarán un antes e un despois en Rianxo. O Partido Popular recolleu novos votos polo castigo que recibiu o PSOE e que os rianxeiros decidiron darnos como premio a 4 anos de traballo, dunha oposición seria e rigorosa e dunha fiscalización minuciosa ao equipo de goberno.

– Que cres que aconteceu en Rianxo para que o PSOE pasase de ter maioría absoluta a ser a forza menos votada?
Unha deixadez total por parte do alcalde e do candidato que levaban, que era unha continuación del. Polo tanto, o descontento que había, foi reflectido polo pobo nas urnas.

– Que opinión che merece o pacto de goberno entre o BNG e o PSOE?
O afán do BNG pola alcaldía levouno a facer un pacto, que si é o que se di a prensa, nos deixa como estabamos. É a mesma escoba pero con diferente pau… E dicir, o Sr. Muíños dedicouse a criticar as contas do Concello durante 4 anos e á persoa que as levaba, e agora dálle esa concellalía a el. E por parte do PSOE, que vou dicir… dous días despois do resultado das eleccións din nos medios de comunicación que eles van a estar onde os puxo o pobo, que é na oposición, e agora desdinse a cambio do poder. Xogaron con Rianxo e cos rianxeiros. O BNG fai unha lectura errónea das eleccións dicindo que Rianxo votou a esquerda claramente, iso é relativamente certo pero porque en Rianxo se presentaron dous partidos de esquerdas e un de dereitas. Esa lectura só se pode facer se se presentasen o mesmo número de partidos coa mesma ideoloxía. Está demostrado que en Rianxo van a gobernar os perdedores, porque así o reflectiron as urnas.

– En algúns círculos comentábase que en caso de que o PP gobernase en minoría existía o risco de que sufrise unha moción de censura nun período de dous anos. Chegouvos isto a vós? Este feito era motivo de preocupación?
Era unha preocupación que tiñamos, que en canto trouxésemos proxectos da Xunta de Galicia, que se nos fixese unha moción para rematar eles a lexislatura. Pero tampouco era unha cousa que nos sacase o sono, porque nós o que queremos e que o pobo sexa o gran favorecido, goberne quen goberne.

– Cales serán os obxectivos do PP en Rianxo nestes próximos catro anos?
Facer unha oposición rigorosa, fiscalizando ao equipo de goberno minuciosamente. Imos estar ao lado dos veciños, dos que nos votaron e dos que non. Os intereses do Partido Popular, son os de todos os rianxeiros, que Rianxo estea no lugar que se merece e non no vagón de cola.

– Antes de facerse público o pacto entre o BNG e o PSOE, criades na posibilidade de que tiñades opcións de gobernar aínda que fose en minoría?
Si e non. Creemos que o que nos merecíamos era gobernar en minoría, como ben dixo o pobo. Pero sabendo das ansias de goberno que tiña o BNG sabiamos que accederían a calquera proposta que lles propuxesen dende o PSOE. A pesar de que nós non tivemos ningún tipo de contacto co PSOE, sabiamos que eles si querían pactar con nós, porque así nolo fixeron saber. Nós mantivémonos na postura que sempre dixemos de non pactar con ninguén, pero no caso de ter algunha toma de contacto co PSOE, isto custaríalle moi caro ao pobo de Rianxo porque o BNG ía acceder ao que fixese falta para pactar co PSOE, con tal de obter a alcaldía. O que si nos gustaría sería gobernar en minoría e con acordos puntuais co BNG, pero a eles non lles interesaba.

Advertisements

17 Respostas to “Vanessa Martínez, a voceira do PP en Rianxo, coméntanos as súas impresións sobre a situación política en Rianxo”

  1. Veciño 06/12/2011 ás 13:41 #

    En galego non existen tempos compostos!!

    • Vanessa Martínez Durán 06/18/2011 ás 17:50 #

      Hola! Pídovos disculpas polos erros. A verdade é que lle enviei o texto a Óscar con bastante apuro e nin me fixei, xa que llo enviei tal cual falo… Síntoo.

      Vanessa Martínez Durán.

  2. fotosderianxo 06/13/2011 ás 12:47 #

    Veciño, tes toda a razón. Foi culpa miña por non revisar ben o texto 😦 Xa está corrixido.

  3. de rianxo 06/13/2011 ás 13:23 #

    “”Facer unha oposición rigorosa, fiscalizando ao equipo de goberno minuciosamente.”” Esperemos que sea verdade, pois o PP de Rianxo nas ultimas lexislaturas non sei eu o papel de oposición que facía, e ahora que o BNG está no poder, non hai nadie que controle o concello desde fora, asique a ver se é verdade que van facer opoción, e vexo notas de prensa e denuncias públicas sobre cousas que se están a facer mal, porque ata o de agora, ese papel tiñao o BNG e o PP non se sabía se existía ou non en Rianxo, por moito que diga Vanessa.

    • Vanessa Martínez Durán 06/18/2011 ás 17:56 #

      Hola! Nestes 4 anos, concretamente case 3 que levo eu de portavoz, pódoche decir que se fixeron en Plenos cerca de 190 rogos e preguntas (Só podemos preguntar en Plenos Ordinarios e esos son cada 2 meses). Ahí teño as actas por si alguén as quere ver. Aparte das denuncias que fixemos á prensa sempre que algún veciño se nos acercou porque tiña algún problema. Agora ben, si esperades ver, notas de prensa só para darnos publicidade ó Partido, non se van a ver. A liña que sigue o PP é a de empregar a prensa únicamente cando sexa necesaria. Para darnos a coñecer xa nos fan entrevistas de cando en vez. En canto ás denuncias públicas só hai que tirar de hemeroteca da Voz e de Canal Rias Baixas. Gracias.

      • 6ferrados 06/20/2011 ás 09:50 #

        Ola! Non penso que sexa malo facer publicidade do partido e, moito menos, do seu traballo. Non discuto os datos que aportas pero, por desgracia e a pesares de que os Plenos son públicos, a súa repercusión fora das paredes do Concello non é moi grande, sobre todo no que se refire ós pequenos asuntos do día a día municipal. Para o pobo é interesante saber o que popoñedes e pensades sobre todo o que pasa en Rianxo. Tedes moitas opcións, esa páxina web que nin sequera acabástedes e usástedes para a campaña, ese facebook casi sen entradas, a prensa…
        Como che decía o compañeiro, a imaxe que proxectades destes catro anos en canto ó traballo feito non se parece ó que ti dis. Si facedes e non mostrades difícilmente poderemos valorar o esforzo feito. Evidentemente só é a miña impresión e agredezo que contestaras e deras a túa visión do tema. Saúdos.

      • vmd1980 06/21/2011 ás 14:30 #

        Totalmente de acordo con 6 ferrados.
        Unha cousa é o que se fai, e outra distinta a impresión que se da. Que total, dito sea de paso, ata estas ultimas eleccións, tanto daba o que fixera nadie nos plenos porque total Pedro tiña maioría e os demais o único que vos quedaba era patalear, os de BNG publicamente e facendo públicas as protestas e os do PP pois en privado e sen que nadie tubera a imaxe de que protestarades moito en contra de Pedro.
        (vala como exemplo o que pasou co tema da rotonda de xunta o colexio Castelao)
        Sigo dandolle a razón a 6 ferrados co tema do facebook e paxina municipal do partido, para o meu parecer, penosas. Dias antes das eleccións e non podiamos mirar nin a xente que levaban nas listas.
        A día de hoxe nin se atopa nos buscadores.

  4. Esteticién 06/13/2011 ás 16:07 #

    Para ter 30 anos conservase bastante mal, non?
    Ten unhas arrugas e sobre todo unhas -patas de gallo-
    Nos carteles da campaña, tiña menos arrugas Esperanza Aguirre que ela.

    • Vanessa Martínez Durán 06/18/2011 ás 18:00 #

      Esteticién, creo que sobra a miña resposta pero cómo non me gusta menospreciar a nadie, tamén che direi algo. Sinto non gustarche, só espero que non votases según este criterio…. Un saúdo.

      • esteticien - nick privado 06/21/2011 ás 14:36 #

        Quería contestar de paso a “fotosderianxo”
        O tema do nick da o xogo que ten o de ser privado, e o doble xogo é sinxelo, podese falar por voca dun veciño, ou dun afiliado ó PP ou dun funcionario, … o ó mellor non por ser unha persoa se ten porque ter solo unha opinión.
        Bueno, e dito sea de paso, e contestanto tanto a Vanessa (moi agradecido por entrar nestas paxinas e dar a cara) como a fotosderianxo, pois explicar que o tema do comentario anterior era medio jocoso, e intentaba contrarrestar certos comentarios que si que escoitara durante a campaña, como que había xente que iva a votar por vanessa porque era moi guapa, era a mais xoven, era unha rapaciña, ou que era a candidata mais guapa da rendonda.
        O comentario solo iva por ahí, xa que houbo xente, e así me consta que votou por vanessa pola xuventude e sobre todo velleza, pois o comentario era en ese fío. solo eso, cada un que o entensa como queira.

  5. fotosderianxo 06/13/2011 ás 19:30 #

    Esteticién, en primeiro lugar o que che pido é respecto e intentar non saírnos do tema. Este é un blog para falar de Rianxo e o post no que comentas está centrado na política. De aí a intentar converter isto nun Sálvame Deluxe falando de se esta persoa é así ou asá, xa che digo que me parece de mal gusto e levar o blog a un camiño que se afasta bastante do que busco.

    Por outra banda, pediríache tamén que cando escribas o fagas sempre usando o mesmo nick para evitar confusións ou dobres intencionalidades.

  6. rianxeiro 06/23/2011 ás 15:02 #

    Casualidades…
    Góstame que a candidata dun partido participe nestes medios, así acércase un pouco ó pobo ó cal representa, oxalá os demais tomaran exemplo, e fosen tan accesibles coma Vanesa.

    Ata aquí os cumpridos. Pasando por alto os erros gramaticais, que todos podemos telos (aínda que un cargo público debería ser algo máis detallista), paréceme un pouco cínico dicir que o grupo Popular, traballou na sombra nos plenos da lexislatura pasada, e que non queriades empregar os medios como instrumentos de propaganda ou publicidade, que as cousas as faciades nos plenos, e mira ti por onde, doce días despois da toma de posesión, sacades na prensa que a páxina web do concello de Rianxo está desactualizada (o cal é certo e aínda sae Pedro por ela), pero a do ppderianxo.com aínda está en creación e xa leva cando menos dous meses publicada, e esta é responsabilidade túa Vanessa. Claro que ti non podes atender a todo, pero para iso hai que delegar en alguén que se encargue, e que se conseguiu facer unha web, tamén hai que enchela. Predica co exemplo e empezade a dinamizar a vosa páxina web.

    E no mesmo artigo de hoxe da prensa fálase das bandeiras. De verdade que con tonterías desta índole ides facer oposición?? Para isto ides empregar ós medios?? Non sería mellor empezar a facer oposición construtiva e realista?? Veña vouche dar unhas cantas ideas:
    Empezade por meterlle presa ó alcalde para que poña ó equipo de traballo en marcha, delegando as cousas que ten que delegar no resto dos concelleiros, que Adolfo por moi ben que o queira facer, non vai poder atender a todo. É máis, se queredes gañar un pouco de populismo (na liña do PP nacional) poderiades dicir que esperar ata novembro para sacar un programa conxunto entre BNG-PSOE para gobernar en Rianxo, vai levar máis tempo que a chegada do AVE a Galicia. Veña, douche o titular tamén, ó estilo Intereconomía: “BNG e PSOE empregarán un oitavo da lexislatura para formar goberno en Rianxo”.

    Tamén poderiades preguntar cales son os plans do alcalde para reducir o gasto público, e dar algunhas ideas (aínda que isto dubido moito que o PP volo permitise, o de dar ideas digo, gardádelas todas para cando Rajoy goberne), reducir as facturas da luz empregando luces de baixo consumo, reducir o gasto telefónico e de internet creando unha rede wifi, ou mellor aínda (aviso que agora vou ser irónico), centralizando todo no mesmo lugar, o Polígono de Té, así mátanse dous paxaros dun tiro, austeridade e enchemento do parque empresarial, e por suposto a obra levarana a cabo tódolos traballadores do concello. Que por certo, é algo que sempre me preguntei, cantos asalariados hai no concello de Rianxo?? Alguén o pode dicir??

    En fin, Vanessa, eu douche as gracias por participar, pero as cousas hai que tomalas en serio, para min é de loanza que tódolos candidatos dos 3 partidos que en Rianxo vos presentásedes, o fixerades, xa que vexo que, o fin é empregar o tempo de cada un en servir ó pobo, aínda que algún haxa que o que quere é servirse do pobo, prefiro de antemán non pensar mal.

    Sen máis, ánimo, pero facede cousas serias por favor, e deixade o das bandeiras para falar nos bares se queredes.

    • 6ferrados 06/28/2011 ás 18:11 #

      Se por asalariados entendes traballadores, entón son entre 80 e 90, dependendo da época do ano, porque hai moitos que dependen de axudas doutras administracións e/ou teñen caráter temporal, como por exemplo os socorristas do verán, os auxiliares de policía tamén do verán…
      A cantidade que che dei sería a plantilla mais ou menos estable.

  7. de rianxo 06/28/2011 ás 08:54 #

    A min tamén me dou a risa cando vin a SUPER-NOTA DE PRENSA do PP de Rianxo, porque primeiro dinos aqui que eles non usan a prensa para facer oposición, e dous dias despois salen en todos medio falando da falta de bandeiras, e o atraso na actualización da paxina web, o da web xa foi digno do club da comedia, porque como se comenteu por aqui, a paxina do pp de rianxo é de pena!

  8. Vanessa Martínez Durán 06/29/2011 ás 18:13 #

    Boas tardes, sexas político ou non, certo é que a gramática é moi importante, pero non se equivoca o que non escribe…. A nota de prensa sacámola porque é ilegal estar tomando posesión de un cargo público sin estar as bandeiras presentes. E como llo comentamos á secretaria do Concello e ela xa llo pedira ó BNG que as puxera e nin caso lle fixeron, pois de ahí saiu a nota de prensa, porque un Concello ten que telas sempre postas, por obligación. E así llo dixemos tanto BNG como PP ó anterior Goberno de Pedro Piñeiro. A páxina erb do Partido é cousa que paga o Partido Popular NON cos cartos de todos os rianxeiros.

    De paso, quero deixar claro, que como aquí tampouco se ve moita crítica constructiva, non vou a contestar a ningún comentario máis.

    Un saúdo.

    Vanessa.

  9. de rianxo 06/30/2011 ás 11:41 #

    Aqui non hai crítica constructiva, certo.
    Aqui tampouco hai o politiqueo de quedar ben que se dá en outros sitios.
    Aqui non hai comentarios politicamente correctos, certo tamén.
    Aqui o que hai é a opinión da xente de rianxo. O que se fala nos bares, nas casas, nas familias. Nin mais nin menos.
    A nadie lle rianxo lle vai importar se hai ou non bandeiras. A xente de rianxo falamos destas cousas, nin mais nin menos.

    O que si, xa vexo o teu “talante” cando dis que a paxina de PP de rianxo é do PP e punto, que non a pagamos todos, bueno, pois ti misma. Pagádela vos e disfrutádela vos. Ti dis que non hai críticas constructivas, pois eu digo, que o da paxina era unha boa crítica contructiva, para que te deras conta que hai xente interesada no que facedes, e ahí era un bo escaparate, pero ás criticas constructivas, xa vexo como respostas.

  10. federico 07/20/2011 ás 03:22 #

    tes moito que aprender vanessa, a tua cabeza non tarda en rodar. O pp arrasou en todos os sitios e ti perdeches unha oportunidade de ouro

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: