Non sei se vos lembrades dalguén lema que estaba nas pegatinas de moitos coches rianxeiros que era “Rianxo, o paraíso existe”. Credes que igual sería bo intentar recuperalo ou de paraíso ten máis ben pouco?
Eu fixen unha imaxe con esa lema, para que non se diga 🙂
si, seria bo recuperalo
A min non me gusta moito a verdade. Hai que recoñecer que tivo moito impacto, se ben entre nós, os rianxeiros, prestouse mais ben ó cachondeo. Que eu saiba era unha campaña da ARE (Asociación Rianxeira de Empresarios) da que foi impulsor o difunto de Anxo Cristobo.
Aínda teño unha pegatina gardada na casa pero non penso que debera volver a usarse.
como ben dixo 6ferrados, dou para moito a frase.. pero a mítica sempre será:
Rianxo, o paraíso existe, o carallo é encontralo
pois por suposto que existe e que bonito e.deberiades lavar a boca con xabon para falar mal de rianxo,xa me supoño de donde sodes e non creo que me engañe.o que tendes e envidiaaaaaaaaaaaaaaa.
“Rianxo o paraíso existe” un lema que conseguiu o que pretendía, ter impacto e levar o nome de Rianxo fora da comarca para impulsar o turismo da vila 🙂 Polo tanto debería recuperarse…
Un pouco de auto-critica non fai ninghun mal.Sendo de Rianxo, ai que reconhecer que e un pobo moi bonito, si. Mais non cantemos victoria e lle chamemos “Paraiso” antes de eliminar o terrible cheiro que ai na entrada de Rianxo, que fala mais de nos que mil slogans! Temos que millorar se queremos presumir. Gracias.
volví de Rianxo a Uruguay hace pocos días, tengo casi toda mi familia allí y en Leiro, fue una de las experiencias más maravillosa de mi vida, una hermosura de pueblo, tranquilo pero muy lindo, las vistas sobre la ría, los atardeceres sobre el barbanza, la vista desde cerqueiras, la playa de tanxil, el paseo marítimo, etc., y la fiesta de guadalupe: sin palabras!!! innumerables razones para decir que es un rincón de los más lindos que vi de galicia, felicitaciones rianxeiros!!!