Estes días, e ata mediados do mes de xaneiro, na casa de cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal pódese visitar unha mostra de fotografía na que participamos tres rianxeiros. En realidade a exposición parte dun grupo de amigos da rede social de fotografía Flickr, que adoitamos quedar algún que outro domingo para compartir cafés, frío e instantáneas. A raíz dun destes encontros fotográficos na Illa de Sálvora pasamos a chamarnos “Foto Club Sálvora” e agora algúns dos nosos traballos están expostos na Pobra.
Como digo, de entre os que expoñemos, que somos da zona da Arousa (Barbanza e Salnés), pero tamén hai xente de Cee e da zona de Vigo. Pero paso a presentarvos aos rianxeiros da mostra. Aquí tedes a Pablo, que é de Carballo pero agora vive en Taragoña:
Tamén está Xoán, que é de Lousame pero de Rianxo dende hai uns aniños:
E despois estou eu, que ao revés do resto son do Araño e agora por traballo vivo na Coruña 🙂
Deixo tamén un vídeo de Barbanza TV sobre a exposición no que se pode ver a Pablo falando:
Ay…pero que juapos salides…e eses politicos, !!que seria de vos sen eles!!!!!!! (modo ironic off). Agora en serio, é unha exposición que vale a pena ver. Noraboa a todos.