Sei que me entero un mes despois, pero máis vale tarde ca nunca, jeje. Pois o dito, que o PP do noso concello ten nova páxina no facebook para podermos interactuar con eles:
E tamén renovaron a súa páxina web, onde podemos atopar información sobre os plenos ordinarios e tamén as notas de prensa remitidas aos medios.
Así como no seu momento se lle deu caña desde aquí por non prestar moita atención ás posiblidades da rede, hai que recoñecer que agora van un paso por diante dos demais. Especialmente acertado me parece que publiquen as actas dos Plenos, xa que non se colgan na web co Concello.
Si, toda a razón, están facendo moi bo traballo a nivel de comunicación e era algo do que carecía o PP en Rianxo hai uns anos, pero que cambiou bastante nesta última etapa. E é algo de agradecer para a cidadanía ter esa información e esas canles de comunicación.
Fastídiame moito recoñecer isto pero, o certo é que, van un paso por diante do Bloque, e agora mesmo, a millas de distancia dos socialistas. Mira que busco información algunha que outra vez sobre o PSOE-rianxo, pero non encontro casi nada, se non vivira en Rianxo, dende fai anos, nin saberia donde teñen a sede. Polo menos o bloqueten algo no facebook aberto, e tamen un blog no que te podes enterar de algo.