Como todos os anos, a Peña Cicloturista Castro Barbudo organiza unha proba para os amantes da bicicleta de montaña. De feito, eu mesmo participei o ano pasado e dou fe do ben organizada que están.
Se estades interesados en apuntarvos, terá lugar este sábado 12 de maio, e hai que inscribirse no Campo de Pasos ás 15.30 horas, xa que 60 minutos despois comeza a proba. O importe da inscrición é de 15 euros (ao que hai que sumar 12 euros para os non federados, porque é preciso un seguro obrigatorio para o día da proba).
O límite é de 150 persoas, xa van case polas 100 e, visto que vai facer bo tempo, de seguro que se superan as expectativas. A inscrición pódese facer na súa web.
Dende a peña xa realizaron un ensaio pola ruta deste ano e pódense ver un feixe de fotos no facebook, algunhas das cales pasamos a colgar:
Deixar unha resposta