Coidadiño coa forma na que aparcades en Boiro

22 Feb

Xa sei que este tema non ten nada que ver con Rianxo nin leva ningunha foto. Pero como neste blog tamén informamos e somos moitos os que imos ata Boiro para saír, mercar ou facer calquera outro tipo de xestión, pareceume boa idea avisarvos de que hai que ter moito ollo á hora de aparcar no concello veciño.

O caso é que se aparcades no lado esquerdo da vía vos pode caer unha multa de 100€ (a metade se pagades rápido). É dicir, vós ides por unha vía de dobre sentido, vedes que hai moito sitio para aparcar no outro lado e aparcades no lado esquerdo da calzada, pois podedes arriscarvos a que vos veña a Policía Local de Boiro a deixar unha bonita receita 🙂

Non, aínda que o pensedes, non me pasou a min. Pero si a xente coñecida. Loxicamente é algo que descoñecemos a maioría, incluso que sexa motivo de multa. Polo que vin, isto xa o aplican outros concellos, como o de Pontevedra.

Segundo lin, o artigo 90 do Regulamento Xeral de Condutores indica que “está prohibido estacionar o vehículo na calzada ou na marxe dunha vía de dobre sentido de circulación, sen deixalo no lado dereito, correspondente ao sentido da marcha”. Polo visto isto pode ocasionar manobras perigosas. Eu non o vexo así, xa que podes saír dun garaxe ou dun cruce ben á dereita ou á esquerda. E o lóxico é facelo con  precaución. Agora, a lei está aí, pero é ter coñecemento desta cousas, non vaia ser.

Unha resposta a “Coidadiño coa forma na que aparcades en Boiro”

  1. María José Vázquez martínez 09/11/2014 ás 09:27 #

    A min si que me pasou e tiven que lidiar coa mala educación e a soberbia do Policía Municipal, e o descocecemento do Regulamento de Circulación, xa que en lugar do artigo 90 que ti citas alega 0 167 que é por pisar unha liña continua, que é algo que el supón porque o meu coche facia unha hora que estaba aparcado cando me puxo a multa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: