A banda da Escola de Música de Rianxo cumpre 10 anos

13 Mai

Con motivo do X aniversario da banda Escola de Música de Rianxo, tivemos o pracer de asistir o sábado 11 de maio a un expectacular concerto da banda interpretando duas composicións de Johan Meij.

A primeira foi Aquarium, que viu precedida dunha proxección na que o propio autor das obras saudou a banda.

Image

Logo, e ante un auditorio abarrotado até a bandeira, a banda deleitounos coa sinfonía nº1 do Señor dos Aneis.

Cabe dicir que o auditorio se quedou pequeno, tanto pola xente que tentou entrar para ver o concerto como para os propios integrantes da banda que estaban cubrindo cada centímetro do escenario.

Logo da interpretación das obras interviron o presidente da banda Tobías Betanzos, e a concelleira de cultura  Hadriana Ordóñez, que se afanaron en loubar o labor da banda nestes anos.

Image     Image

Como colofón final houbo unha interpretación da Marcha Ceremonial do rianxeiro Antón Alcalde.

Precederon os saúdos do director da banda Rafael Collazo:

Image

Image

ImageImage

E o saúdo de toda a banda ao público asistente ao concerto:

Image

Dende aquí non nos queda míais que desexarlle á Banda da Escola de Música de Rianxo moitos anos máis de vida!!!

Unha resposta to “A banda da Escola de Música de Rianxo cumpre 10 anos”

  1. sonia's avatar
    sonia 05/15/2013 ás 20:02 #

    O concerto xenial…o unico inconvinte foi ter k soportar os flases das camaras d fotos cada poucos segundos, deberian prohibilo uso deles durante o concerto. Polo demais, un concerto fantastico. Grazas e noraboa

Deixar un comentario