Na tarde noite de onte 25 de maio celebrouse no Campo de Arriba en Rianxo o VIII Serán Mar de Rianxo de Vai de Roda.
Ás oito da tarde comezaron a chegar xentes do Concello e doutros lugares da contorna e como non, os e as protagonistas do serán.
Iniciouse co “Seranciño”, no que os nenos e nenas das distintas agrupacións foron subindo ó escenario e deleitándonos coas súas actuacións.
Logo das dez da noite foi o turno para o Serán a cargo dos maiores de Vai de Roda e grupos da contorna de Rianxo que foron convidados pola agrupación local.
O ambiente durante toda a noite, e pese ó frío que facía, foi moi concurrido e os bailes moi frecuentes entre o público.
Tamén puidemos degustar tortilla de patacas con cebola e empanada de atún que os rapaces e rapazas de Vai de Roda foron repartindo polo campo adiante.
A verdade é que foi un pracer ver como nenos e nenas nos fixeron pasar tan bo rato, e logo cos maiores a festa xa foi rachada!!!
Podedes ver un bo lote de fotos mais na nosa páxina do facebok: aquí o enlace para poder velas.
Agardemos un aniño máis polo xa IX SERÁN MAR DE RIANXO
Deixar unha resposta