Entrevista a Nieves Vicente, empresaria agrícola e membro do Pleno da Corporación Municipal

18 Out

Rmeria Nieves Castro Barbudo 175

Sorprende saber que cando un se ergue polas mañás, Nieves Vicente Varela (O Araño, 1967) xa leva horas esperta, traballando, e seguramente a collamos camiño a Negreira, Santa Comba, Camariñas… vender os produtos que ela mesma cultiva. O traballo dos empresarios agrícolas non ten horario. Non se rexe polo sol, nin moito menos, xa que a maior parte dos días se erguen antes de que canten os galos e a noite os colle aínda no choio. Falamos con ela do seu día a día e tamén da labor que fai como membro do Pleno da Corporación Municipal de Rianxo. Nieves estará tamén dentro da exposición de Ruando Rianxo que inauguraremos o mes que vén no Auditorio.

– Dende cando es empresaria agrícola?
– Comecei con 20 anos, pero dada de alta como autónoma agrícola estou desde os 27. Ou sexa, desde hai 20 anos.

– Rianxo sempre foiunha zona moi agrícola, pero a nivel particular, de prantar para comer na casa. Cres que seguimos sen ver a terra como unha oportunidade económica ou ben vémola como algo que é moi sacrificado e require moito traballo?
– Penso que a vemos como algo que require moitísimo traballo, e que economicamente non e equiparable co traballo que conleva.

– Sacrificado si que é porque traballas domingos e festivos e creo que tes que madrugar un montón, non si?
– Sinceramente, o día que me levanto as 9 da mañá para min é tan inusual que… non sei durmir ata esa hora. Jajajaja

– Que produtos cultivas?
– No inverno, leitugas e verduras basicamente. Na primavera, sementeiros de pementos, tomates, repolos e cebolo. No verán, pemento de Padrón, tomates, xudías e leitugas.

– Como fas para comercializalos? Tes clientes maioristas ou ben vendes dun xeito minorista?
– Dos dous xeitos.

– Creo que vas vender a Santa Comba. Non sei se tamén vendes noutros lugares.
– Si. Vou a Bertamiráns, Padrón, Carballo, Negreira, Camariñas…

– Cales adoitan ser as hortalizas máis demandas pola xente?
– Hai uns anos era o pemento de Padrón. Pero hoxe por hoxe de todo: tomate, morrón, xudía, leituga, cebola… o cal che obriga a diversificar a produción, e a traballar o dobre.

– Tes dous invernadoiros e non sei se requiren un investimento permanente para poder producir ben?
– Efectivamente, o investimento neste traballo é constante: que se plástico, se malla, se regadío, se sementes…

– Non sei se tamén é necesario realizar algún curso ou algún tipo de formación no teu traballo?
– O noso traballo está en continua evolución: cousas novas que aparecen de cotío, pragas novas que che arrasan con todo, novos produtos… Si, é moi importante facer cursillos. Hai uns anos facíanse moitos dende as cámaras agrarias locais, agora mesmo xa non se fai ningún. Imos aprendendo a base de golpes.

– O traballo que fas é máis estacional, máis centrado na primavera-verán, ou cultivas durante todo ano?
– Intentas ter produción todo o ano, aínda que hai una época na que estás baixo mínimos, no outono.

– Sorprendentemente, a nivel de produción de hortalizas e demais, outras comunidades superan en produción e nome a Galicia. Que cres que necesita a nosacomunidade para potenciar e poñer en valor o rural e o campo?
– A agricultura en Galicia sempre foi o parruliño feo dos traballos. Dicir que es agricultora é algo así como dicir que eres “paleta” (e dígoo con coñecemento de causa). Só os mais parvos quedaban nas leiras. Ese xa é o primeiro fallo: o desapego cultural por una profesión.
O segundo fallo é a dispersión das fincas: perdemos tempo e combustible en ir dunha leira á outra. Se tivesemos todo aparcelado, o traballo seríanos máis renndible e cómodo.
O terceiro fallo é una potenciación das canles de comercialización: non hai una estrutura regulada onde ti poidas comercializar. Só así se podería garantir a trazabilidade dos produtos agrícolas, ou sexa, que son sans, sen residuos….
O cuarto fallo é que non se regula aos produtores. Aquí pode saír ao mercado calquera persona, sexa profesional ou non. En todos os sectores profesionais se esixe estar cotizando, ser un profesional; no noso sector, para nada.
E moitas cousas máis…

– Creo que debes ser das persoas que máisao día están dos temas políticos e económicos de Rianxo. Canto tempo levas participando na política?
– Empecei hai 14 anos

– Que é o que che gusta a ti da política? Cales son as ideas polas que loitas?
– A utopía de intentar arranxar as cousas, de botarlle una man á xente… Unha utopía, como che dixen.

– Cres que hoxe en día hai moito desapego pola política e a xente ve os políticos como persoas afastadas da realidade e das necesidades da xente?
– Penso que si. Con tantos exemplos de corrupción, non é de estrañar que nos vexan dese xeito. Pero ben seguro que, se eses corruptos tivesen que traballar de sol a sol coma min para gañar a vida, se darían conta de que a xente non é así, nin merece iso.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: