Rotundo éxito da Pasarela Castelo da Lúa, Rianxo de moda 2013

13 Out

12102013-desfile lua un 102

Cheo ata a bandeira. Había expectación onte en Rianxo por ver o que deparaba a Pasarela Castelo da Lúa e non defraudou. Xa antes da apertura de portas había moita xente esperando fóra do pavillón polideportivo municipal. É máis, o foro do recinto quedouse pequeno para tal evento e houbo persoas que tiveron que quedar fóra por cuestións de seguridade.

Dentro do backstage había nervios. Máis de 20 establecementos do Concello traballaran arreo para amosar o seu traballo e todo o mundo quería que o desfile saíse á perfección. A propia presentadora do evento, Belén Xestal, comentabanos que o nivel de organización era moi alto e que o desfile non tiña nada que envexarlle a moitos outros de renome, como a gala de Miss Galicia que ela mesma presentou. Vamos, que o nivel foi moi alto e o listón semella difícil de superar se se repite o evento no 2014.

12102013-desfile lua un 114

Pasaban uns minutiños das oito da tarde e tocaba acender as luces de demostrar que en Rianxo e dende Rianxo tamén se fai moda de calidade. E non só moda, porque no desfile participaban perruquerías, ópticas, reloxerías, floristerías, zapaterías e moitos outros negocios do municipio.

12102013-desfile lua un 120

O primeiro tenente de alcalde e edil de comercio, Carlos Gey Hermo, recollía o micrófono da man de Belén Xestal para comentar que a idea era demostrar precisamente que non fai falla ir ás grandes superficies comerciais para atopar o que buscamos, porque en Rianxo hai moitos establecementos que teñen o que precisamos. Roupa de calidade, para todos os petos, bonita, poñible, personalizada, para unha voda, para fin de ano… E con todos os complementos que necesitamos. Por iso o comercio local se volcou co evento, para demostrar que por riba do márketing, ao noso carón temos moitas tendas e negocios de garantía.

E abofé que os máis de cen modelos (de todas as idades) que desfilaron sobre a propia pasarela demostraron que en Rianxo hai onde escoller para estarmos máis que guapos. En concreto, no desfile participaron:

– Mi vestido encantado

– SFC – A fiestra, coa perruquería Teresa

– ChucChus Moda, coa perruqería Bolboreta

– Academia de Deseño e Confección Mª Jesús Gey, coa perruquería Imperial

– Enredos Deportes, con Auga Estilistas

– Acuarela, con Lydia Mariña Peluquería

– Donaire, con Silvia Noya Peluquería

– Centro Óptico Grela, con perruquería Imperial

– Pasarela, con Obel Peluquería e Estética

Colaboraron tamén ACM Inforibérica, de Pepa Complementos, Floristería El Jardín, Floristería La Rosa, Floristería Dalyra, Labralia Rianxo e Zatarías Marty

Por certo, que dende o Toffe serviron un cóctel e un bombón a toda a xente do público, de xeito totalmente gratuíto. Ademais, dende o Toffe costearon un photocall no que houbo moita xente que tamén quixo posar e sentirse modelo por uns segundos.

photocall

Comentar que temos foitas fotos do desfile e que as intentaremos subir nas próximas semanas, aos poucos, así que ficade atentos 😉

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: