Fotos antigas de Asados

3 Dec

Volvemos subir algunhas fotos antigas que forman parte dunha recompilación que comezaron Miguel Somoza Rodríguez e Suso Santos Rodríguez. Primeiro colleron as fotos da familia e despois a das familias dos amigos. “Cando xa tiñamos máis de 200, cedémosllas ó Centro Cultural Simón Varela de Asados para a súa custodia e exposición. Entón os veciños levaron máis fotos e Rafael Antonio Piñeiro continuou o escaneado ata xuntar unhas 400”, segundo nos explicaba o propio Suso Santos. Están no facebook Rianxo dende a Lioira.

Asadelos, Cruceiro Vello anos 50

Asadelos, Cruceiro Vello anos 50

Casa dos carreteiros, en Asados, nos anos 50

Casa dos carreteiros, en Asados, nos anos 50

Casa dos carreteiros, en Asados, nos anos 50

Casa dos carreteiros, en Asados, nos anos 50

Estrada que vai de Asados a Rianxo, dende a altura do Cruceiro

Estrada que vai de Asados a Rianxo, dende a altura do Cruceiro

Na Atalaia. A casa vella de Felipe, xusto diante de onde está a actual ferretería

Na Atalaia. A casa vella de Felipe, xusto diante de onde está a actual ferretería

67 8 9 10

Advertisement

Unha resposta a “Fotos antigas de Asados”

  1. Carlos Henrique Fernández Coto 12/04/2013 ás 17:33 #

    A malformación ou deformación provocada pola formación como Arquitecto lévame a facer comentarios de Arquitecto:

    – Como podedes aprezar, as casas antigamente (e así debe ser) deixaban as pedras arredor das xanelas (cantería) á vista, namentres o resto da fachada era recebada con cal (cor branca), porque a cachotaría está colocada para revestir con cal.

    O Cal é un invento especialmente indicado para o noso país. É transpirable, é absorbente, no inverno chupa a humidade e expúlsaa no verán.

    Na actualidade está moi estendida a “moda” de descarnar as fachadas das casas antigas e deixar a pedra de cachotaría á vista.. As xuntas da pedra rexúntanse con morteiro.. Cando intentas darlle unha explicación, os albaneis din que lle botan por riba un “produto máxico” transparente que cobre a pedra.

    É UN ERRO GARRAFAL,
    O produto máxico dura catro anos, destroza as micropartículas da pedra e faina máis débil. É unha moda que debemos derrogar canto antes..

    AS CASAS ANTIGAS, OS PANOS DE CACHOTARÍA DEBÉMOLOS RECEBAR CON MORTEIRO DE CAL (hoxe hai Cal Hidráulico prefabricado, xa),,, e a CANTARÍA (cantería) pódese deixar á vista, como nas Igrexas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: