María é de Campelo. Mentres paseo en bici polo monte véxoa nun alto, ao pé do camiño, arrimada a un can e rodeada de 20 cabras. Párome uns metros máis adiante, pensando en se é interesante ou non para a exposición Ruando Rianxo e decido dar volta e falar con ela.
Pregúntolle se lle podo facer unhas fotos coas cabras e dime que si, sen problema. Mentres me achego, dime que espere, que vai xuntar os animais e o can levántase amosándome os dentes. De súpeto, as cabras vanse metendo por unhas corredoiros no medio de toxos de metro e medio de altura e María vai tras elas.
Eu, despois do tema do can, decidín quedarme na estrada e vou camiñando en paralelo ás cabras e a María, que están nun alto. De súpeto, María dime que xa están todas as cabras, que lle podo sacar a foto. Dígolle que mellor con ela e insístime en que ela non quere saír. Pregúntolle o nome e despois o apelido. Ao primeiro aínda me responde, pero do apelido “non me acordo”, aínda que me pregunta para que quero saber o seu nome. Contéstolle que é porque me gusta saber a quen lle fago as fotos.
Pero María segue sen lembrarse do seu apelido e incluso me di que as cabras non son súas, senón dun tal José. Vamos, que me debeu ver cara de inspector de sanidade ou de facenda da Xunta de Galicia 😉
Iso si, como puido comprobar Rabunho Rexeita, a historia de que as cabras eran dun tal José, resultou certo. Era o seu home. Fotos de José coas cabras de Rabunho Rexeita
Deixar unha resposta