Lelucha, xubilada e no seu día costureira a domicilio

15 Mar

lelucha1

Ás veces sorprende como cambia o mundo e como hai profesións que no seu día eran moi coñecidas e como hoxe en día son unha anécdota. Manuela Cándida Vicente Vicente (14/03/1921) é historia viva de como hai anos, cando non había nin Zaras, nin grandes centros comerciais a xente chamaba a costureiras que facían traballos por xornada.

“Traballei como unha mona”, coméntanos Lelucha. Foi á escola durante tres anos e despois coseu, coseu e coseu. Dende o nove anos “e toda a vida”. A súa nai tamén era costureira, así que a profesión xa estaba implantada na casa. As dúas ían aos domicilios dos veciños que as chamaban. Percorrían Leiro, Isorna e Rianxo, coas máquinas enriba da cabeza. Contratábanas por xornada, así que xa comían na vivenda dos clientes.

Foto de Xoán Antón Castro

Foto de Xoán Antón Castro

Que cosía? Pois de todo: pantalóns, camisas, sabas, fundas para colchóns, faldas… “Ata fixen vestidos para vodas”, comenta Lelucha. Ademais, “cosía tanto coma un remuíño”. Un mesmo día podía facer catro ou cinco camisas, cortaba, hilbanaba e facía a roupa para grandes e pequenos. Despois facía remendos, poñía parches e cremalleiras.

O máximo que cobrou por xornal nunha casa foron 8 pesetas. Aos que lle ían comprar á súa casa cobráballes xa por peza.

Foto de Xoán Antón Castro

Foto de Xoán Antón Castro

“Todo mo aprendeu a miña nai”, explica Lelucha. É máis, ela tamén puido ser profesora, xa que ían xunto dela para aprender, pero non sabía ensinar. “Tiña mal xenio, pouca paciencia e daba moito coas tesoiras na cabeza”, comenta o seu fillo.

Ademais, facía moitos outros traballos para poder gañarse a vida: ía ata as Minas de San Finx, collía ameixas, levaba leña e garuma a Rianxo a vender,… “Menos de puta, traballei de todo”, sentencia Lelucha. Xenio e figura. Que non se diga de Lelucha.

lelucha2

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: