Imaxe

Evolución da poboación de Rianxo

13 Abr

poboacionRianxo

Desta vez, quixemos buscar información sobre a evolución da poboación de Rianxo na última década, para saber se o noso concello perde ou gaña habitantes. Extraendo datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), elaboramos o gráfico superior (clicando enriba, pódese ver a maior tamaño).

O primeiro que sorprende, é que dende hai unha década os habitantes de Rianxo case non variaron. É dicir, dende 2004 ao ano 2013, Rianxo gañou só 12 persoas. Hai que pensar que o rural e o interior de Galicia perde poboación, e que esta se move para as zonas costeiras e as grandes cidades. Pero está claro que no noso caso, a cousa segue moi estabilizada.

No gráfico podemos observar como o ano no que houbo menos habitantes foi o 2006, con 11.246 persoas censadas no Concello e que, a partir de aí, a cousa foi subindo progresivamente, ata o ano 2010, con 11.826 habitantes. Dende ese momento, que coincide máis ou menos co inicio da crise, Rianxo foi minguando a súa poboación, perdendo 228 habitantes.

Busando no IGE datos de anos anteriores, vemos que no 2000 había 11.882 habitantes (cifra bastante semellante á do ano 2010), e que en 1996 a nosa localidade superaba os 12.000 habitantes, en concreto con 12.193 persoas.

É dicir, andamos entre os 11.000 e os 12.00o habitantes, pero non hai tendencia a subir, senón a manterse ou incluso a baixar un chisco a poboación. Iso si, segundo podemos ver nos datos do Instituto Nacional de Estatística, Rianxo ten unha poboación vencellada no ano 2014 de 14.805 persoas, se temos en conta a xente que non está censada pero traballa ou estuda en Rianxo, e que tamén naqueles non residentes pero que pasan aquí máis de 14 noites ao ano (2.433 persoas).

Se analizamos os datos por sexos, vemos que hai máis mulleres ca homes (clica para velo en grande):

poboacionsexo

A evolución baila bastante parella, de tal xeito que cando hai unha baixada de mulleres tamén hai unha baixada de homes. Seguramente isto implique que cando se vai alguén de Rianxo márchase en familia (coa parella e os fillos), e cando chega algúen novo, tamén chega en familia. Non é que só se vaian os homes, como acontencía no seu día.

Ademais, a diferenza media a nivel poboacional entre mulleres e homes está en 260 persoas (a favor das mulleres, que teñen unha maior esperazanza de vida).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: