O sábado 7 de xuño, celebrouse en Ourense a VIII Copa Maristas Galicia de xadrez valedoira para o campionato galego desta disciplina. Alí desprazouse un grupo de nen@s do Clube Xadrez de Rianxo, para facer o que mellor saben, xogar e pasalo ben nunha xornada chea de contrincantes.
Este é o aspecto que presentaba o pavillón polideportivo do colexio cando tod@s @s cativ@s se deron acomodado para a primeira partida da mañá.
Durante a mañá xogáronse 3 partidas das 7 totais do día, nas que participaron todos os grupos de idade, comprendidas entre os 8 e os 16 anos, a verdade é que é un pracer velos desfrutar e sufrir diante dos seus adversarios.
Aquí vos quedan unhas fotiños que fomos facendo grazas ó pase de prensa que demos acadado da organización do torneo:
Imos deixar tamén unhas fotiños para os pais, non vaia ser que se nos anoxen 🙂
E o intre posado de Jorge Méndez Rial, orgulloso co seu cuarto premio da xeral, cun total de 5 puntos e medio.
Aquí deixamos tamén a fotos d@s asistentes cos trofeos que deron a todol@s nen@s por participaren no torneo, con baño de auga incluído!!!
Só queda desexarlles a est@s cativ@s moita sorte no próximo torneo!!!
Deixar unha resposta