A Construción do Territorio, Estratexias de Rehabilitación

9 Xul

cartaz

Hoxe, pola mañá presentouse no Concello o curso de verán, que organiza a Universidade da Coruña a semana próxima (14-18 xullo), en Rianxo.

Na presentación estiveron presentes Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo), Carlos Gey (concelleiro de Urbanismo), Carlos Henrique Fernández Coto (responsable da Oficina de Rehabilitación do Concello), Xosé Manuel Vázquez Mosquera (director do curso) e Sandra González (secretaria do curso).

Segundo nos informa Fernández Coto, “o curso forma parte dunha estratexia do Concello de Rianxo, a través da sua Concellaría de Urbanismo e Oficina de Rehabilitación, de dar a coñecer e crear opinión sobre a tendencia actual de que a Rehabilitación sexa un sector estratéxico e estrutural, tanto no campo da construción como no do respecto polo territorio e o medio ambiente”.

Neste sentido, “trátase dun curso teórico (mañás) e práctico (tardes), dirixido a sectores multidisciplinares: Arquitectos, Enxeñeiros, Xeógrafos, Historiadores, etc…, cuxa matrícula pode formalizarse ata o venres 11 de xullo a través da web da Universidade, e o seu custo é de 50 euros, e xa inclúe as clases teóricas, as prácticas e o aloxamento no cámping de Rianxo”.

Partirase “da base do rural de Rianxo como campo de investigación”, para cal “o curso analizará a historia dos asentamentos rurais, tendo en conta o territorio herdado e formular propostas de como debemos tender a recuperar a vida rural, rehabilitando as suas edificacións antigas, recuperando a agricultura e a vida rural. Estudará tamén propostas de rehabilitación urbanística, tamén chamada renovación urbana das aldeas, buscando fórmulas de relación para os seus habitantes, microurbanismo”.

O responsable da Oficina de Rehabilitación do Concello tamén nos comenta que “non se trata dunha acción aillada, xa que se preparan accións transversais para a fixación da poboación no rural, nun proxecto máis amplo no que se deseñan plans para evitar o abandono do campo. Así mesmo, os alunmos do curso, baixo a supervisión e dirección dos profesores, percorrerán distintas aldeas de Rianxo e formularán propostas para a sua mellora e recuperación”.

Os contidos e profesorado que impartirán o curso veñen dados na seguinte táboa:

planing curso

Ligazón para a inscrición no curso

 

 

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: