Oferta cultural para a fin de semana

10 Dec

cartaz guía de lectura 2014 biblioteca.JPGDeixámovos as actividades culturais que se van desenvolver esta fin de semana do 12 e 13 de decembro no marco da programación do Outono Cultural que ofrece a área de Cultura do Concello de Rianxo.

O venres comeza coa presentación da guía de lectura “Tempo de acivros, Tempo de libros“.  Na creación e na presentación colaboran todos os centros escolares de Rianxo e a Biblioteca Municipal de Rianxo. O C.E.I.P. A.D.R. Castelao de Rianxo, o C.E.I.P. Ana Mª Diéguez de Asados, o C.E.P. Brea Segade de Taragoña, o I.E.S. Félix Muriel de Rianxo, o C.R.A. de Rianxo e a Biblioteca Municipal de Rianxo.

Cartel Expo Paola Web

Despois ás 20:00, será a inauguración A única defensa que permitiu a liberdade que é o título da exposición dos óleos de Paola García Paz que poderá visitarse no Auditorio de Rianxo do 12 de decembro ao 17 de xaneiro.

cartaz homenaxe ramon de valenzuela

O día rematará co acto de homenaxe ó escritor Ramón de Valenzuela no centenario do seu nacemento. No acto intervirán Adolfo Muíños, Daniel Pino, Xosé Luís Axeitos, Xosé Luís Méndez Ferrín e Luís Cochón.

carteis presentacion anuario 2014 1412041959 [web]

O sábado procederase á entrega dos Premios Barbantia da Cultura 2014. Ademais, tamén se fará a presentación da saída do número 100 do suplemento cultural A Voz de Barbantia e do Anuario de Estudos do Barbanza 2014.

O acto contará coa asistencia de María Xosé Blanco, vogal da asociación; Manuel Cartea, coordinador do anuario; Xesús Laíño, presidente de Barbantia; Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo e Diego Calvo, presidente da Deputación da Coruña.

cartel Nadal 2014 WEB.JPG

E para rematar, tamén o sábado, celebrarase o Festival de Nadal Aleivosía da Asociación Sociocultural Fogo Fatuo. Contará demais coa participación da Asociación O Pedrón de Padrón.

As entradas para este  poderán retirarse media hora antes do comezo do festival no Auditorio de Rianxo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: