Queremos hoxe amosarvos un fermoso traballo que podemos contemplar polas rúas de Rianxo. Trátase de “Adorna Rianxo“, unha iniciativa popular coordinada por Pepa Martínez (A Fiestra artesanía) e secundada por unha chea de veciños de entre 6 e 80 anos, que consistíu en confecionar durante dous meses adornos de Nadal feitos con material de refugallo tales como lá, tapóns de botellas e botes, cd´s, anacos de teas, latas…, as cales foron dispoñendo de tal maneira que é unha marabilla podelas contemplar pola vila adiante.
Dende aquí, Pepa quere dar as grazas @s particulares que axudaron a confeccionar estes adornos tales como:
Carmen Mosquera Alcalde,Choni Martínez, Carmen a de Tucho, Lolita, Carmen, María José Pepa Escuris Reinoso a súa nai e colegas, Yoli Yáñez Lens,Teresa do Araño, Grupo de Calceta de Cáritas Rianxo, Sofía Carou e Brais, Luisa Martinez Dourado,Joy Menis, Sonia Miranda Torres, Sarela e Xiao, Angeles Rañó Torres, Ángeles Muñiz Teijeiro, Silvia Ferre Casar, Carmiña a de Encarnita, Noemí e Alba, Zaida, Noa, Susana Blanco Sendon e Juan de Europunto – DKASA Decoración, Isabel Ces Tarrío, Marga Silva, Iovana Muñiz, Eduardo Varela, Heriberto Calvo Ces, Carmen Pilar Piñeiro González, ás cafetarías e bares que lles falicitaron botes e botellas, e de seguro que a máis persoas que se lles quedaron no tinteiro.
Así como tamén ao Concello de Rianxo, polas facilidades para que se poidesen colocar os adornos por toda a Vila.
Así que, xa sabedes, se aínda non pasáchedes a ollar estes traballos, estades a tempo, pois a verdade é que dá gusto ver como locen as rúas de Rianxo cun investimento de cartos nulo, aínda que con moito traballo e esforzo detrás por parte de moitos veciños aos que, dende o blog queremos felicitar.
Por último quedámonos cunha frase de Pepa, a cal nos comenta: “Para o ano, máis e mellor!!!”
Deixar unha resposta