A chegada do 2015 poderemos celebrala outro anos máis grazas á Comisión de Juadalupeñas, que instalará unha carpa na praza de Castelao.
Actuarán DJ Peri, Goxi DJ, H. Freak e o trío Unión y Fuerza. A apertura será á 1 da mañá, momento para darlle xa movemento ao corpo. Ás 3.30 horas celebraranse as baladalas con gominolas en lugar de uvas, e un cuarto de hora despois cantarase a Rianxeira, como non podía ser menos. E para os que teñan fame e frío, ás 5.30 haberá chocolate con churros.
Así que un ano máis, podes quedar na túa vila para despedir o ano e desfrutar do novo.
Deixar unha resposta