Sábado de teatro no Auditorio de Rianxo. Ás 20.30 horas o grupo Airiños representará a obra Celtas sen Filtro. O prezo da entrada é de 2€.
Por outra banda, o domingo 8 de febreiro, ás 17.00 horas na praza de Rafael Dieste, hai unha convocatoria aberta para bailar o valse. Dende a organización piden como único requisito querer “pasalo ben”.
Na nota enviada dende o Concello sinalan que se trata “dunha partitura de principios do século XX atopada entre os documentos do depósito de José Ramón Nine Piñeiro no Fondo Local de Música do Concello de Rianxo. A Aula de Cultura Musical da Uned-Senior adaptou e gravou esta peza e, para dala a coñecer ao mundo, vaise gravar un vídeo en Rianxo no que se pretende que participe o maior número posible de persoas de todas as idades. É por isto que se pide a colaboración de quen queira participar bailando”.
Deixar unha resposta