Salvemos o xeito

28 Abr

_MG_4690

Esta fin de semana pasada tivemos a oportunidade de desfrutar de novo counha nova entrega do Teatro Express, interpretado polo Teatro Airiños de Asados, baixo unha idea da Área de Educación e Normalización Lingüística do concello de Rianxo.

Nesta nova andaina que puido verse por tódalas parroquias do concello entre o sábado e o domingo pola tarde. Fíxose ver ó público os problemas que está a ter unha arte de pesca tradicional como é  “o xeito”, e que tantos rompedeiros de cabeza está a dar a mariñeiros e á administración local (e da contorna) polo seu veto dende Europa.

Para a representación contouse coa axuda de Sabela Galbán quen, co seu acordeón, foi dando pé á historia que se reproducía a través dun “cantar de cega”

Velaquí unhas fotos da actuación nas escolas vellas de Asados que foi onde a fomos ver. Como noutras actuacións, o local estaba cheo ata a bandeira.

_MG_4589 _MG_4590 _MG_4594 _MG_4604 _MG_4607 _MG_4608 _MG_4615 _MG_4616 _MG_4619 _MG_4622 _MG_4625 _MG_4628 _MG_4632 _MG_4638 _MG_4645 _MG_4662 _MG_4663 _MG_4669 _MG_4681 _MG_4687 _MG_4690 _MG_4697

Apuntar tamén que a obra non rematará aquí, xa que breve percorrerá diversas localidades da contorna, despois de ser vista en Rianxo por máis de 500 persoas.

Deixar un comentario