Fotos de San Pedro de Vilas 2015

29 Xuñ

IMG-20150627-WA0016

O pasado sábado 27 de xuño, baixo un sol de verán duro e a sombra das árbores de Vilas, tivo lugar a romaría de San Pedro. Nesta ocasión o día non amenceu cun torrente de auga, como si acontecera no 2014. E tendo a opción de ir á praia, moitos rianxeiros decidíronse por unha festa no monte cun encanto que non atopamos noutras celebracións.

IMG-20150629-WA0022

 

A xente, como dicimos, intentaba escapar do sol e buscaba ou fabricaba a súa propia sombra. Pola mañá había misa, pasarrúas e polo mediodía churrasco, polbo ou comida da casa en familia enriba dun mantel e do chan, que senta que dá gusto.

2Pola tarde organizáronse distintas actividades e xogos. Unha que nunca pode faltar é o tiro da corda.
IMG-20150629-WA0026

 

Outa que vai collendo máis sona cada ano é o lanzamento de alpacas, propia das agrolimpiadas do San Pedro. Os gañadores foron Pablo Castro e Laura Gómez.

IMG-20150629-WA0011

 

E aquí tedes aos vencedores co subcampión por segundo ano consecutivo. Polo que sabemos, este ano estivo practicando e para o ano volverá repetir polo prezado galardón 🙂IMG-20150627-WA0011

E aquí tedes a rifa, pola cal se sorteaba un porco e varias caixas sorpresa. IMG-20150629-WA0019

IMG-20150629-WA0016

 

A partir de aí, música e máis música. Comezaron ás 19.00 horas, aínda con moita luz por diante, os noises De la Cruz Show.
1
E pola noite, xa cun público máis xuvenil, Noite Fechada, Paparruchas, Dreadlockers ou DJ Enxebre e Peri DJ.
sanpedro

Comentar, como dato, que as actuacións remataron ás 6.45 da mañá. E moitos, claro está, quedaron a durmir no sitio. Á organización, a quen lles damos as grazas pola imaxe, tocoulles seguir traballando ata case as 10 para ter todo recollido. Así que parabéns e grazas polo seu traballo e esforzo un ano máis, que facer unha festa é moi duro e pouco agradecido. sanpedro2 sanpedro3

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: