Hoxe comeza en Rianxo o Curso de Verán da Universidade da Coruña “De porto a porto. Estratexias de Rehabilitación“. No programa, que vai durar toda a semana, estudarase a nivel práctico a costa comprendida entre o Porto de Rianxo e Rinlo, así como os muíños, petróglifos, mámoas e demais elementos de interese da zona.
O curso, dirixido a alumnos de de Arquitectura, arquitectura técnica, enxeñarías, socioloxía, xeografía, arte e humanidades, entroutros, contará con importantes profesores como poñentes. Podedes consultar o programa completo aquí.
Ademais, tamén se contará coa presenza do portugués António Menéres, profesor na Universidade do Porto. Ademais de ofrecer unha conferencia titulada “A importancia de saber coidar e transmitir o Patrimonio Arquitectónico e Etnográfico” que terá lugar no Auditorio de Rianxo o vindeiro xoves 23, ás 21 horas, no propio edificio albergarase a exposición “Memorias do tempo e do patrimonio construído”, composta por centos de fotografías da evolución da arquitectura popular portuguesa. Esta mostra será inaugurada hoxe ás 20.00 horas.
Deixar unha resposta