Unha noite mais, e imos pola terceira, achegámonos ó auditorio rianxeiro a disfrutar de boa música, e desta vez a cargo do Combo de Jazz da Escola de Música de Rianxo.
Baixo a dirección do mestre Alfredo Susavila, o Combo ofreceunos duas horas de repertorio musical.
Deixámovos unhas cantas fotos dos integrantes dirixidos por Alfredo que son os seguintes:
Trompetas: Roberto
Sax. Alto: Amaro
Sax. Tenores: Valentín e Germán
Trombón: Ismael
Piano: Israel
Guitarra: Luis
Contrabaixo: Pachi
Batería: Antón
Velaí o transcorrer do concerto.
Hoxe pola noite proseguirán as veladas de Jazz, desta vez da man de David Regueiro Swingtet (ó abeiro do programa, III Ciclo Cultura no Camiño promovido polo AGADIC- Xunta de Galicia), que coma sempre se tentará levar á praza de Rafael Dieste, pero se ameaza choiva se trasladará ó auditorio rianxeiro.
Deixar unha resposta