Seguindo coa programación do Verán Cultural en Rianxo para este mes de agosto, deixámovos a info de todo o que poderemos desfrutar esta fin de semana de mediados de agosto no concello.
O venres estará o grupo Seis por Oito na praza de Rafael Dieste a partires das 22:30 horas presentando o seu disco Imos a-la! (en caso de risco de choiva trasladarase o concerto ó auditorio rianxeiro)
Tamén o venres e a partir das 23:00 horas no dique da praia de Tanxil se celebrará a Noite Meiga na que se gravaran esceas para o videoclip de Que a Festa non Pare, haberá queimada gratis e actuacións dos Djs Pei e Juancho, asi como o concerto acústico de Paula Arufe “Chiña”.
Xa na noite do sábado e a partires das 22:30 na praza de Rafael Dieste poderemos desfrutar do grupo folc-pop Caxade, presentando o seu disco A dança das moscas. (en caso de risco de choiva trasladarase o concerto ó auditorio rianxeiro)
Xa o domingo, a partires das 21:00 poderemos escoitar e desfrutar da Banda de Música Xuvenil Municipal de Silleda. Será, na praza da Virxe da Guadalupe.
Por outra banda e dende a Concellaría de Deporte e Patrimonio Histórico anuncian un Campus de Rugby e Multideporte no Pazo de Rianxiño coas seguintes condicións:
.- A Federación Galega de Rugby vai organizar un CAMPUS DE RUGBY E MULTIDEPORTE do 15 ao 25 de agosto en Rianxo (Pazo de Rianxiño), dirixido a nenos e nenas de 7 a 16 anos. Os obxectivos principais sonpromocionar o rugby en Rianxo e no Barbanza, así como iniciar ao rapaces/as rianxeiros nesta modalidade, na que ademais de practicar deporte se lle da unha grande importancia aos valores como o compañerismo, honestidade, disciplina, lealdade, sacrificio e altruismo. O Campus completará o seu programa con outras actividades deportivas, recreativas e culturais.
Existen diversas modalidades de participación no Campamento:
Mañás, de 9 a 13:30 h. (70 €)
Tardes, de 16 a 20 h. (70 €)
Mañá + Tarde, de 9 a 13:30 h. e de 16 a 20 h. (240 €)
Día completo + noite (385 €)
Colabora o Servizo de Deportes do Concello de Rianxo.
Información e Inscrición
A data límite de inscrición é o venres, 14 de agosto ás 10 h.
TF.. 647.013.682 – 686.355.188
Deixar unha resposta