2 de novembro, III Carreira Popular Toffe – Concello de Rianxo

21 Out

É, sen dúbidas, unha das citas deportivas do ano en Rianxo, non porque veñan corredores de todos os lados, senón sobre todo polo volume de xente que move o evento. Hai que pensar que o ano pasado se inscribiron máis de 900 persoas, e este ano agárdanse, alomenos, outras tantas. É a III Carreira Popular Toffe – Concello de Rianxo.

Celebrarase na ponte do 2 de novembro, así que de novo a asistencia será moi alta. De feito, a falta de máis de 10 días, xa hai inscritos a día de hoxe máis de 200 corredores. E todo o que queira participar, só ten que anotarse antes do 29 de outubro en emesports.es/event/iii-carreira-popular-de-rianxo ou ben no Servizo de Deportes ou nos pavillóns municipais.

A inscrición é gratuíta para as categorías de xoubas a cadete, mentres que no caso cos xuvenís, júniors, promesas, seniors e veteráns o prezo só é de 6€.

Como sabedes, a carreira conta por terceiro ano consecutivo co patrocinio da cafetería Toffe. É un evento deportivo de primeiro nivel, xa que a III Carreira Popular Toffe – Concello de Rianxo, organizada polo Concello de Rianxo e o Club Atletismo Rianxo forma parte do III Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña e no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo.

Como se indica na web do Concello, “poderán participar atletas federados e non federados”, nunha proba que terá premios para os tres primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta na proba, tanto en categoría feminina coma masculina. Os primeiros recibirán 150€, os segundos 100€ e os terceiros 50€, que non está nada mal.

fotocarreiratoffe

A retirada dos dorsais comezará ás 9 da mañá, mentres que a primeira proba, coas xoubas, será ás 10.45 horas. Terán que percorrer 100 metros.

Os sardiñas terán a súa quenda ás 11.00 horas, nunha distancia de 500 metros.

O relevo tomarano os benxamíns ás 11.10 horas, nun percorrido de 1 quilómetro. Os alevíns competirán 15 minutos despois, nunha distancia de 1,5 quilómetros.

Os infantís, ás 11.40 horas, xa terán que correr 2.250 m, mentres que os cadetes (ás 12h), terán que estirar ben as pernas antes dos 6,6 quilómetros que lles esperan.

Ás 12 do mediodía tamén competirán os xuvenís, júniors, promesas, séniors e veneteráns, desta vez 10 quilómetros.

Lembrade, é preciso anotarse con tempo. Iso si, corrades ou non, non deixedes de asistir o 2 de novembro á III Carreira Popular Toffe – Concello de Rianxo. E se participades, inscribídevos en emesports.es/event/iii-carreira-popular-de-rianxo ou ben no Servizo de Deportes ou nos pavillóns municipais.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: