A pasada fin de semana, celebrouse na Biblioteca Municipal de Rianxo, as xornadas do día da biblioteca 2015.
Na tarde do venres 23 comezaron as actividades coa representación da obra “Por qué é salgada a auga do mar”, a cargo de Os Quinquillans que durante unha hora se encargaron de divertir a pequechos e maiores coa representación nas dependencias da biblioteca e logo polas rúas de Rianxo.
Xa o sábado pola mañá proseguiron as actividades cun obradoiro de nós mariñeiros coa colaboración do Clube Nautico de Rianxo e do colectivo Ondiñas Mainas.
Para rematar, os asistentes gozaron dun paseo guiado polo porto rianxeiro.
Queremos dende aquí dar as grazas a Sofía, da biblioteca Municipal de Rianxo por cedernos amablemente as fotos do sábado pola mañá, pois a nos foinos imposible asistir nesta xornada.
Deixar unha resposta