Semella que a pesar da chuvia e do mal tempo os nenos de Rianxo van ter moitos regalos porque se portaron moi ben. Melchor, Gaspar e Baltasar xa se pasaron por Rianxo, recibindo un a un a todos os cativos que se pasaron polo Pavillón Polideportivo.
E o certo é que os pequerrechos tiñan moitas ganas de falar coas súas Maxestades, para lembrarlles que pediron e contarlles se foron todo o bos que deberan durante o 2015.
No noso concellos os Reis Magos foron recibidos por todo o alto, polo que rapidamente esqueceron que este clima pouco ou nada ten que ver co que acostuman vivir en Oriente.
Puideron desfrutar de música e bailes tradicionais, ademais de zancudos.
Ata acudiron zancudos na comitiva de benvida.
E polo pavillón serpenteaban peixes e seres voadores, facendo as delicias de todos os asistentes.
Así que esta noite toca recoller cedo, ir para a camiña e pechar os ollos para que os Reis Magos poidan traballar tranquilamente durante toda a madrugada. E mañá erguerse o antes posible para ver que nos deixaron. Agardemos que non só carbón!
Deixar unha resposta