Os próximos 15,16 e 17 de xullo celebrarase na vila as festas do Carme.
-O venres.
Ás dúas a sesión vermú co grupo Nebrasca e xa pola noite ás 10:00 verbena co Grupo Nebrasca e a orquestra Solara.
-O sábado ás 11:00 terá lugar o II torneo de rugbi “Praia de Rianxo” e unha hora despois poderemos desfrutar dun concerto da Banda de Música de Rianxo e a sesión vermú a cargo da orquestra Gran Atlanta.
Xa pola tarde ás 19:00 horas terá lugar a misa cantada, seguida da procesión marítima rematando coa ofrenda floral @s mariñeir@s falecid@s no mar. (A misa será cantada pola Coral Escola de Música de Rianxo, quenes tamén acompañarán á procesión polo mar e cantarán a Salve Mariñeira na ribeira, xunto do antigo pósito, despois da ofrenda floral)
Para rematar o día, verbena pola noite a cargo das Orquestras Gran Atlanta e Israel
-O domingo Sesión vermú a cargo da orquestra Trovadores.
Pola tarde concerto de Aleivosía (Fogo Fatuo) na praza de Dieste, e, para rematar verbena pola noite a cargo da orquestra Trovadores.
Os tres días comezarán como é costume coas dianas e alboradas ás 10:00 da mañá.
Deixar unha resposta