Outro verán máis organízase en pleno verán unha andaina nocturna. En concreto será o venres 22 de xullo. Terá un percorrido de 14 quilómetros, comezará ás 22.30h e rematará a iso das 2.30h da madrugada. É preciso inscribirse previamente en deportes@concelloderianxo.gal ou ben no teléfono 981.86.63.81 e pagar os 3€ da inscrición (supoñemos que polo bus e pola auga que pon a organización).
O punto de encontro será a praza de Castelao, ás 22:00 h. De aí collerase un autobús ata o Monte Treito, de onde partirá a andaina. O camiño irá ata o Pico Muralla, baixando ata Ourille e o Castro, e finaliza en Campo Maneiro. Poden ir menores a partir de 14 anos, acompañados por un adulto (os menores de 16 non pagan nada) pero non se poden levar animais de compañía.
Deixar unha resposta