Mexillóns, jazz, rugby e o universo

3 Ago

Esta fin de semana tamén chega moi movidiña. Un dos pratos fortes será a Festa do Mexillón, que xa vai pola súa sétima edición. O sábado e o domingo, ademais de comer a fartar un dos manxares da nosa ría, teredes música e actividades gratuítas para os máis pequenos (con inchables) e tamén para os maiores (como un bautismo de mar con motos acuáticas).

Pero antes, teremos catro noites para desfrutar do mellor jazz na praza de Rafael Dieste ás 22.30 horas. Comezan hoxe, así que non perdas ningunha 😉

Para queimar calorías, que mellor que o deporte? O sábado terá lugar o II Torneo de Rugby Praia de Rianxo, no que participarán diferentes categorías e onde, ademais, haberá DJ.

E para rematar ese sábado, ás 22.30 horas, haberá unha observación astronómica, xunto ao busto de Castelao, no Paseo da Ribeira.

Unha resposta a “Mexillóns, jazz, rugby e o universo”

  1. Sonia 08/04/2016 ás 10:13 #

    Fáltache o “Deporte na rúa” a noite do venres.
    Un saúdo e felicidades polo teu traballo.
    Sonia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: