Continúa a troula este verán coas festas de Asados. Durante este venres, sábado e domingo a comisión de festas da parroquia dáo todo para que os veciños o pasen o mellor posible, con moita música e actividades.
Así, o venres actuarán no lugar do Cruceiro o trío Unión y Fuerza e a orquestra Esencia, despois dos cales virá aínda un DJ. Durante o día, ademais da misa, haberá dianas e alboradas cos gaiteiros de Técora Folk.
O sábado tocarán tamén no Cruceiro as orquestras Fama e Xacobeo, contando tamén cun DJ ao final. Durante o día a música virá da man dos gaiteiros de Río de Anxo e pola tarde haberá baile tradicional con Abeloura. Ademais, ás 12 do mediodía celebrarase a I Feira de Artesanía Galega “Asados no 1900”, no campo da Atalaia.
O domingo, ademais das celebracións relixiosas, tocará ás 13.30h a Banda da Escola de Música de Rianxo. E pola tarde, xogos e actividades para os nenos con Asadoslandia. E a partir das 21.00 horas, na Atalaia, terá lugar “Asados Folk”, con Campantes da Baña, Vai de Roda e Río de Anxo. Ao remate haberá un DJ no bar Atalaia.
Deixar unha resposta