Resultados das eleccións autonómicas 2016 en Rianxo

26 Set

rianxoautonomicas16

Como podemos ver nos datos de participación, aínda que a porcentaxe foi dous puntos por riba de 2012 (65,17% vs 63,18%), a nivel global global só houbo un voto máis, porque hai catro anos se contaron 6.231 papeletas. O que si, baixou moito o número de votos en branco e de nulos, que daquela sumou o 4,38%.

resultadosautonomicas16

En canto ao detalle por partidos, o PP practicamente mantense. É certo que perde un punto porcentual, pasando do 41,4% ao 40,47%, pero o reconto total é moi semellante ao de 2012: unicamente perde 22 papeletas e hai preto de 2.500 rianxeiros que confiaron nos populares para gobernar en Galicia.

Eses 22 votos igual foron parar a Ciudadanos, que contou con 121 apoios. Hai catro ano, con UPyD, a representación foi de 73 papeletas.

Por outra banda, ao igual que en Galicia, a formación de En Marea supera lixeiramente ao PSOE. No primeiro caso irrompe con 1.188 papeletas. Se tomamos como referencia a AGE no 2012, daquela tiveran 920 votos, co que a subida é considerable.

O PSOE descende en 137 votos, pasando do 20,5% dos apoios ao 18%.

Por último, e aínda que no resto de Galicia perde apoios, o BNG en Rianxo consegue aumentar os seus votos nas autonómicas. Un punto porcentual máis, do 16,45% ao 17,51% e 79 votos máis, en concreto 1.078 papeletas. Igual se agardaba máis sendo Rianxo un concello gobernado polo BNG, pero é que precisamente en Rianxo sempre se vota PP tanto nas xerais como nas autonómicas, polo que o dato é relativamente bo con respecto a hai catro anos se temos en conta a tendencia dos frentistas. Sorprende, pero hai moitos rianxeiros que a pesar de votar PP en determinados comicios, a nivel local votan BNG.

2 Respostas a “Resultados das eleccións autonómicas 2016 en Rianxo”

  1. Ramon Macipe 09/28/2016 ás 07:32 #

    es una verguenza un concello tan facas de derechas

  2. ibanfernandez 09/28/2016 ás 18:35 #

    !!Ramon!! tes que tomar Fertimon….

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: