Dentro dun mes, o domingo 19 de febreiro, as rúas de Rianxo encheranse un ano máis de deportistas. Será grazas á V Marcha BTT Concello de Rianxo organizada pola peña Castro Barbudo. De feito, haberá 100 persoas que participen na andaina de 20 quilómetros e 600 ciclistas que percorrerán unha das tres rutas dispoñibles.
O prezo da inscrición é de 8 € ata o 9 de febreiro. Despois desta data, a cantidade subirá aos 12€. E polo que vemos a cousa vai a bo ritmo, xa que a pesar de abrir agora o evento, na marcha ciclista hai apuntadas 122 persoas e na andaina 9.
- Inscricións na andaina de 20 quilómetros.
- Inscrición na ruta de bici de montaña (29, 45 ou 70 kms)
Coma todos os anos, a organización disporá durante o transcurso de asistencia sanitaria, ambulancia e da axuda de Protección Civil, aínda que agardamos que non sexa necesario. O que si fará falta será parar no avituallamento líquido e sólido que teñen preparado durante o percorrido da marcha.
De novo terán a disposición dos participantes un servizo de duchas e lavado de bicicletas ao rematar a proba.
Deixar unha resposta