Fotos, vídeos e crónica da V BTT Concello de Rianxo e II Andaina Concello de Rianxo

21 Feb

Un ano máis, a Peña Cicloturista Castro Barbudo deixou o listón moi alto, xusto o ano no celebra o seu 20 aniversario. E celebrouno nun evento que reuniu a máis de 750 deportistas de toda Galicia. En concreto estaban inscritas 120 persoas na andaina e 642 para as diferentes rutas en bici de montaña.

vbttrianxo-31

Por certo, ao final deste post tes os enlaces para descargar todas as fotografías quitadas durante a proba en máxima resolución.

Toca dicir que ano a ano a andaina de 20 quilómetros está a coller forza e vese que cada vez hai máis nivel. Aínda que de novo semella que Francisco Alcalde é imbatible.

vbttrianxo

Na marcha en bici a saída foi por orde, segundo a maior distancia que se ía cubrir. Aínda que sempre hai algún rezagado que chega tarde e ten que saír só. Iso si, con moi bo humor e ánimo.

img_0150

Hai que dicir que o día foi espectacular. Para ser febreiro o domingo foi incrible, totalmente soleado e con boa temperatura. Ideal para practicar deporte e desfrutar da paisaxe. Aínda que os de adiante na BTT de seguro que non estaban para mirar as vistas, a maioría a verdade é que dixeron que a ruta foi de 10.


img_0332
Na andaina igual. O roteiro xunto ao río Te e polo monte fixo que os 20 quilómetros a pé foran máis levadeiros, cun grupo bastante compacto sobre todo no primeiro tramo do percorrido. 

vbttrianxo-7 vbttrianxo-8

Na meta a xente aínda tiña folgos para dar e tomar, a pesar de que as pernas xa levaban enriba unha boa. vbttrianxo-9

Moitos aproveitaban para sacarse fotos: vbttrianxo-10
Ou ben celebrar a chegada con alegría:

vbttrianxo-27
vbttrianxo-16
vbttrianxo-20

vbttrianxo-22

En canto aos gañadores da marcha ciclista, aquí tedes ao primeiro home e á primeira muller en completar a durísima ruta de 70 quilómetros: vbttrianxo-21 vbttrianxo-28

Pero volvamos á alegría dese momento, da chega á meta tras horas e horas. Algúns mesmo se fundiron nun longo abrazo:

vbttrianxo-29

Outros decidiron entrar na meta incluso coa bici enriba, a pesar de que estivera rota dende varios quilómetros atrás: 
vbttrianxo-25

Os brazos en alto, o sinal da vitoria ou incluso as linguas exhaustas eran habituais no corredor final:
vbttrianxo-26

Algún valente, aproveitando incluso o bo tempo, decidiu refrescar as pernas e tratar de revivilas. 
vbttrianxo-30

Álbumes de foto da BTT:

Álbumes da andaina:

Vídeos:

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: