Queremos darlle as grazas ao CEP Brea Segade de Taragoña, que nos pasaron as imaxes de como pasaron alumnos e mestres o venres de entroido.
Explícannos que este anos se disfrazaron “tod@s de robots pois desde a biblioteca estamos desenvolvendo un proxecto de robótica e arte: “Lecturas para aquelarte”.
Os disfraces foron elaborados empregando “materiais de refugallo que foron achegando das casas: cartóns, tapóns, envases… asumindo así outro dos compromisos do centro, neste caso coa educación medioambiental e a reciclaxe”.
Un aplauso, pois, por esta iniciativa. E por combinar tan ben educación con diversión.
Ademais, para espertar a creatividade dos cativos, “Cada aula inventou coplas sobre melodías populares, que se interpretaron en Campo de Pazos a onde chegamos en pasarrúas, acompañados pola Charanga Brea Segade, formada por profes, nais, pais e antigos alumnos”, como nos comentan dende o propio centro.
Certamente o pasarrúas víase animado. E o tempo acompañou.
A xornada rematou de volta na escola. Alí deron conta dos doces típicos destas datas.
E a continuación queimaron “o Toribio que nos acompañou e “ghobernou” a festa durante toda a semana”. Como resumen dende o CEP Brea Segade, “Que viva o Entroido e a alegría nos coles!”.
Deixar unha resposta