Fotos das alfombras do Corpus Christi 2017 en Rianxo

18 Xuñ

De novo foi un pracer poder pasear polas rúas de Rianxo e contemplar as alfombras que con tanto cariño e tanto esforzo fixeron moitos veciños da localidade. O noso recoñecemento e gratitude a todas esas mulleres, homes e cativos que estiveron toda a noita traballando para que o día do Corpus Christi en Rianxo sexa tan especial.

Non hai rúa ou recuncho na vila de Rianxo que hoxe non tivera unha alfombra floral.

E así como outros anos a chuvia poñía en peligro esas fermosas creacións, desta vez a calor e o sol foron os principais inimigos tanto para os que as confeccionaron como para os curiosos.

 

Deixar un comentario