Fotos do III Slálom Concello de Rianxo

6 Set

IMG_7414

Por terceiro ano consecutivo as rúas do polígono de Te convertéronse nun circuíto no que demostrar non só quen é o máis rápido, senón quen é o máis hábil ao volante.

A proba foi organizada pola Escudería Rallyactividad, co apoio do Concello de Rianxo.

IMG_7372

A pesar de ser un domingo e de que o tempo convidada a ir ata a praia, foron numerosos os rianxeiros e os veciños doutras localidades os que se achegaron ata o polígono para desfrutar da proba.

IMG_7535

O gañador foi Francisco Picó, que co seu Citröen marcou o mellor tempo. Un segundo máis rápido que Pablo Castro.

IMG_7595

Deixar un comentario