Desta vez comezo co víde en lugar de coas imaxes. Que se vexa ben esa fumarada de polvo de cor verde que parece que vai envelenar a todo o mundo, pero que provoca euforia, saltos e alteración.

De novo, na zona da Martela xuntáronse as juadalupeñas pola tarde. Un lugar de encontro para comer, beber e bailar ata cansar o corpo.

Ademais, como os últimos anos, véndense bolsas con pó de cores que provocan que saír de alí sen pintar sexa unha auténtica milagre.

Cuarto día de festa e o corpo non o nota. Ao revés, semella que vai recargando pilas para o que queda aínda de semana.










Comentar que ao longo de toma a semana das festas podemos ver voluntarios e voluntarias, que forman parte da Rede Lila. Trátase de que Rianxo e calquera outra festa sexan un lugar seguro, libre de violencia sexista e lgtbifóbica. Para que todo o mundo poida desfrutar en paz da festa, sen sentirse agredido, ameazado ou violentado.







































































Deixar un comentario