Pasou a fin de semana. Chegaron os días laborables. E non por ser luns hai menos festa. Ao revés. As Juadalupeñas inundaron as rúas de Rianxo facendo que por unha vez amemos os luns. Velaquí as fotos desta xornada.
Unha das probas estrelas do día é a carreira de contedores. Así que antes de que vexades as fotos, subimos tamén algún vídeo:
Antes de seguir coas imaxes, colgamos tamén algún vídeo desta divertida proba, a dos bólos humanos:
Na pista acabou todo o mundo:
Pero ademais de xogar, tamén é un día para bailar. Como cada ano, a orquestra rianxeira Abanico pon o ritmo á sesión vermú. Unha sesión vermú que dobra a súa duración e fai que non deixemos o Campo de Abaixo ata as tres da tarde.
Deixar unha resposta