Actividades na rúa nas festas da Guadalupe de Rianxo 2018

15 Set

_MG_7079
O programa das festas da Guadalupe é tan completo e tan variado que ás veces non nos dá tempo a estar en todo nin a desfrutar de todo o que hai programado. Así que nesta pequena publicación lembramos algunha destas actividades que houbo durante a semana.

_MG_7083

Por exemplo, Ondiñas Mainas celebrou un obradoiro de decoración para o día do feirón mariñeiro. Un tema ben acaído e que era moi práctico para unha das xornadas que máis viven os rianxeiros. _MG_7085

Mirade senón que cinto tan xeitoso confeccionou unha nena durante o taller. _MG_7086

Os pequenos tamén puideron desfrutar de debuxo na rúa. Que mellor lenzo que unha gran superficie en branco no marco da rúa de Abaixo. _MG_7087

Non hai que esquecer tampouco as actividades dos xogos tradicionais. Este ano houbo xogos novos, todos en madeira, para que os cativos tirasen man da súa imaxinación.
xogos-tradicionais (1)xogos-tradicionais (2)xogos-tradicionais (3)

Estas nenas estiveron traballando durantemente nunha torre de madeira que non foi máis alta porque os brazos non lles daban para máis. Pero menudo mérito e constancia!xogos-tradicionais (4)xogos-tradicionais (6)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: