O pregón do grupo de teatro Airiños na Guadalupe de Rianxo 2018

15 Set

pregon-airinhos-2018 (1)

O pasado sábado realizouse o tradicional pregón da Guadalupe da man do grupo de teatro Airiños, que cumpre nin máis nin menos que 85 anos. Ese día transmitimos en directo ese momento no noso Facebook (aquí podes ver o vídeo), pero temos algunha fotiño que queremos compartir.

pregon-airinhos-2018 (2)

Sen dúbida foi dos mellores pregóns que tivemos na Guadalupe. Se o ano pasado Eva Iglesias deixou o listón moi alto, nesta ocasión os de Airiños tiraron tamén de humor e de táboas no escenario para representar unha reunión da comisión de festas na que decidir o programa do 2018.

pregon-airinhos-2018 (3)

Tamén lle puxeron música á cousa, con Sabela ao acordeón, dando paso a cada acto escénico a ritmo do máis que coñecido “E súmballe ó caneco”.

pregon-airinhos-2018 (4)pregon-airinhos-2018 (5)pregon-airinhos-2018 (6)pregon-airinhos-2018 (7)pregon-airinhos-2018 (8)pregon-airinhos-2018 (9)pregon-airinhos-2018 (10)pregon-airinhos-2018 (11)pregon-airinhos-2018 (12)pregon-airinhos-2018 (13)pregon-airinhos-2018 (14)pregon-airinhos-2018 (15)pregon-airinhos-2018 (16)pregon-airinhos-2018 (17)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: