Entrevista a Germán Allut, candidato á alcaldía de Rianxo polo PP

23 Mai

Compartimos a entrevista que lle realizamos ao candidato do Partido Popular ás eleccións municipais de Rianxo, Germán Allut.

– É a primeira vez que concorres nas eleccións municipais. Pódeste presentar aos que non te coñezan?
– Si, é a primeira vez. Son Germán Allut, nado en Noia e médico de familia no centro de saúde de Rianxo.

– Que leva a alguén, sabendo o desgaste persoal que ten, a dar este paso na política?
– A petición por parte de persoas de Rianxo para encabezar a candidatura, nunca fun imposto pola dirección provincial; e feito tras reunirme a primeira vez coa xente que asistiu á reunión no Bar Ourense dixen que se alguén quería ir de primeiro eu daba un paso ao lado. A segunda reunión xa veu máis xente e algún que veu á primeira non asistiu.

– Que considerariades un bo resultado nas eleccións locais e que un mal resultado?
– O bo gañar ou calquera, porque partimos de cero.

– Houbo unha renovación nas listas. Que nos podes contar dos que vos presentades este ano?
– Somos un grupo de xente ben cohesionado e que abarca todo o estatus socioprofesional, traballadores/as do mar, empresarios, xubilados, albanei, parados, amas de casa, etc.

– Este ano concorren dúas novas formacións nas municipais. Considerades que isto lle pode restar intención de voto ao PP?
– Pola nosa parte algo pode, pero para iso se fan as eleccións.

– Membros que na anterior lexislatura estaban no PP este ano están en Ciudadanos. Como valorades este cambio?
– Cada un é soberano das súas propias decisións.

– Se puideses solucionar “de forma máxica” na primeira semana de goberno, un dos problemas que afectan a Rianxo, cal sería?
– Crear traballo.

– E cales consideras que son os tres retos ou necesidades principais que ten o Concello nestes momentos?
– A débeda, a creación de postos de traballo e a mellora das comunicacions.

– Que valoración fas do goberno municipal durante estes últimos catro anos?
– Iso verémolo cando se poidan coñecer todas as contas, débeda real a provedores, etc.

– Cales son as liñas fundamentais do programa do PP en Rianxo para estas eleccións?
– A revitalización do polígono industrial, diminuír os impostos para a creación de emprego, estimular o turismo, mellora das actividades náuticas en canto que se trata de algo que atrae moito turismo, creacion de máis prazas hoteleiras, mellora dos accesos aos núcleos rurais (Campelo, Vilar, etc.) poñer teito ás pistas polideportivas das aldeas, creación dunha brigada fixa de limpeza e de desbroces de beirarrúas dúas ou máis veces ao ano como mínimo, concentración parcelaria, creación da figura de alcalde de barrio, saneamento integral,…

– Por último, por que os rianxeiros te deberían votar?
– Porque creo, sinxelamente, que somos a mellor opción e coas mellores propostas.

Unha resposta to “Entrevista a Germán Allut, candidato á alcaldía de Rianxo polo PP”

  1. Oscar 05/24/2019 ás 15:17 #

    Eu tiven na charla do PP e a de Ciudadanos, e a verdade o PP non me gusta para nada non o vexo, e a do BNG e Psoe xa pasei de axistir, se vin o que levan feito en dous mandatos pouco que contar por non decir nada, a min persoalmente os que mais me gustaron foron os de Ciudadanos non hai cor.(e non son nin do partido nin simpatizante). Un saudo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: