Valoración de José Luis Castiñeiras (PP) dos resultados electorais de 2023

29 Mai

O líder dos populares rianxeiros, José Luis Castiñeiras, destaca que a súa formación conseguiu un “bos resultados, tendo en conta a liña descendente” a nivel de apoio das últimas eleccións. Indica que “igual esperabamos algún concelleiro máis”, pero non é menos certo que “a liña de saída é a mesma para os tres”, en canto que tanto o PP como Rianxo en Común e o PSOE contarán con 5 membros no pleno da corporación municipal.

Nese sentido, insiste en que a “tendencia positiva” do seu partido en Rianxo é o que máis o motiva a seguir traballando para continuar nesa liña. Agora, dende o PP local vanse dar “un par de días para asimilar os datos” e formular os pasos a seguir.

Castiñeiras indica que “tampouco descarto gobernar nin apoiar”. Están abertos ao diálogo con todas as formacións políticas, aínda que entende que un acordo co PSOE sería máis complicado. Nese escenario, “o comodín” tanto para PSOE como para PP sería Rianxo en Común.

O candidato á alcaldía sinala, iso si, que no caso de que se chegue a algún tipo de acordo, este “debería dar estabilidade durante os próximos 4 anos”. Ademais, insiste en que as súas prioridades “son conseguir o maior número de investimentos para Rianxo”.

Unha resposta to “Valoración de José Luis Castiñeiras (PP) dos resultados electorais de 2023”

  1. Felipe's avatar
    Felipe 05/30/2023 ás 16:08 #

    Cada un comenta a feira según lle vai nela e non se consola quen non quere, pero habendo o envorco de 1407 votos do Bloque e o nicho dos 354 de Ciudadanos (que xa eran do PP) e os 171 de CxG, pescar só para vos 376 e pasar de 2ª a 3ª forza e pasando por diante os que estaban por detrás, penso que non é para estar moi satisfeito

Deixar un comentario