O pasado 1 de novembro celebrouse en Rianxo a II Carreira Popular Toffe-Concello de Rianxo.
Nunha mañá espléndida, foron moitas e moitos que se achegaron ata o noso concello para poderen desfrutar desta xa segunda edición da carreira. Á cita inscribíronse mais de 900 persoas contando tódalas categorías que comezaron xa a competir dende as 11 da mañá.
A carreira estivo organizada polo Concello de Rianxo, coa colaboración do Clube de Atletismo de Rianxo, e o patrocinador oficial foi a Cafetería Toffe.
Tamén patrocinaron o evento Construcións Oñial, J. Stop, Obras e Servizos, Soldesin:hos, Solucións e Deseños Integrais na hostalería, Conservas Cortizo, In9 Eventos, Grupo HM- Estacións de Servizo BP, ROT, S.L. Electricidade, Neumáticos Soto-Estación de Servicio MEROIL, Academia Castelao, Administración de Loterías “O Mexillón de Ouro”, IMAXE Rotulación, Centro Médico A Coviña.
No subministro dos avituallamentos estiveron EROSKI, Cabreiroá Disteva e Frutas Lozano.
E na parte de colaboradores estiveron A Deputación da CoruñaAquiafit, S.L. Piscina Municipal, Boiropadel, Protección Civil Rianxo, Protección Civil de Noia e o blog fotosderianxo.com.
Tamén participaron a Garda Civil, Departamento de Obras e Xardíns, Departamento de Turismo e o Servizo de Deportes
Deixámovos as táboas c@s premiad@ nas diferentes categorías:
E tamén as fotos que fixemos do podium para tódalas categorías:
Por último, deixámovos uns enlaces a uns álbumes en Flickr onde poderedes ver as fotos de tódalas carreiras.
- Álbum de fotos na categoría de xoubas
- Álbum de fotos na categoría de sardiñas
- Álbum de fotos na categoría de benxamíns
- Álbum de fotos na categoría de infantís
- Álbum de fotos na categoría de alevíns
- Fotos na categoría absoluta e de cadetes
Só nos queda por agardar que vos gusten as fotos. No caso de que vos vexades nalgunha imaxe na que non queredes saír, avisádenos ao correo fotosderianxo@gmail.com e pixelamos a imaxe.