Tag Archives: kitesurf

Kitesurf en Rianxo

2 Out

Colgo aquí unhas fotos que fixo Xoán Antón Castro na praia de Tanxil de Rianxo.

Os que practican Kitesurf son un grupo de compañeiros unidos pola súa paixón por ese deporte. En concreto están Felipe Rey, Carlos Castaño e Iago Castaño de Catoira, Javi Castrelo de Bamio, Adrián Piñeiro do noso concello e tamén Lino Hermida, Antonio Meaños e Toño Torrado de Vilagarcía de Arousa.

Como comenta Iago, para practicar kitesurf precisan “que a velocidade do vento sexa como mínimo sobre 12 nudos, a partir de aí a cometa xa nos arrastra por enriba da auga e podemos comezar a navegar”. Explica tamén que “sempre observamos a dirección do vento porque este debe de ir paralelo aá praia ou contra a praia”. Dese xeito, se lles pasa calquera cousa o vento levaráios cara a praia.

Ademais da praia de Tanxil tamén adoitan frecuentar outras da zona, como a de Vilar en Ribeira, Praia Xardín en Boiro, a  Praia de Bamio, as Inas en Vilanova e a Illa de Arousa, dependendo tamén da dirección que teña o vento no día.

"/

""/

""/

""/

""/

""/

""/

""/

""/

""/

""/

""/

""/

""/

""/

""/